A mostra colectiva “Inquedanzas III” poderá verse até finais de mes na Casa da Cultura da Pobra

04 Xuño 2022

Este venres 3 de xuño inaugurouse na Pobra, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, unha exposición colectiva de pintura: a mostra Inquedanzas III, configurada por 33 obras pictóricas de catorce artistas. Podermos vela até finais do presente mes.

Destaca a heteroxeneidade dos cadros que conforman esta exposición; reflexo da creatividade única de cada unha das persoas artistas instruídas por Paola García: Ángela Campaña, Margot Fernández, Elena Moure, Elena Pazos, Josefa Seráns, Lola Seráns, Loida Moreno, Carmela Fernández, Dolores Mariño, Carmen González, Antonio Muñiz, Encarnita González, Ángeles Abalo e Pura Nin.

O Concello salientou da mostra “a variedade de temáticas e técnicas, con predominio do óleo, que trasladan a maneira de contar la realidade destas creadoras, así como a súa dedicación e paixón polo mundo da arte”.

No acto inaugural, que contou co acompañamento musical da Escola de Música da Pobra, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), enxalzou a calidade dos lenzos e tamén tivo palabras de recordo para un dos artistas, falecido meses atrás, de quen se expoñen tres creacións.

O público pode achegarse a contemplar a mostra de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.