A Deputación da Coruña cumpre 200 anos

01 Xuño 2022
Os seis expresidentes da Deputación na etapa democrática, entre eles o ribeirense José Luís Torres Colome, acompañaron ao actual presidente, Valentín González Formoso, no pleno extraordinario celebrado polo bicentenario

A Deputación da Coruña celebrou hoxe un pleno extraordinario para conmemorar o día do bicentenario da súa constitución oficial, o 1 de xuño de 1822.

Nesta efeméride histórica, a Deputación reuniu aos sete presidentes da institución durante a etapa democrática Enrique Marfany (1979-1987), José Manuel Romay Beccaría (1987-1989), Salvador Fernández Moreda (1989-1995 e 2003-2011), Augusto César Lendoiro ( 1995-1999), José Luís Torres Colomer (1999-2003) e Diego Calvo Pouso (2011-2015) acompañaron ao actual presidente, Valentín González Formoso, e tiveron a oportunidade de intervir de novo ante o pleno da corporación para falar do seu pasado e do seu futuro.

Valentín González Formoso agradaceu a presenza dos presidentes “nun día histórico, no que a Deputación cumpre 200 anos ao servizo dos concellos e da cidadanía da provincia da Coruña”.

O presidente fixo un breve repaso da historia dunha institución que atravesou períodos de monarquía, república, dictadura e democracia, pero que sempre foi “capaz de adaptarse aos tempos” e aos “cambios históricos do país” durante douscentos anos. “Pouco ten que ver aquela Deputación da beneficiencia, da extensión do alumeado e os camiños coa Deputación de hoxe, que presta os seus servizos online, que atende a máis de 3.000 persoas maiores coa Teleasistencia, que crea infraestruturas nos 93 concellos ou que impulsa unha gran rede de centros de coworking para que o talento da mocidade galega non teña que emigrar”, apuntou Formoso.

“A Deputación é hoxe o motor económico, social e cultural desta provincia”, afirmou Formoso, que subliñou o orgullo de presidir unha institución que está sempre á vangarda entre as deputacións de España grazas “á labor dos presidentes e corporacións que nos precederon”, ao “espiríto de consenso” que caracteriza a acción política da institución durante décadas e “ao traballo, profesionalidade e implicación dos traballadores e traballadoras desta casa”.

Na súa intervención, Enrique Marfany destacou que, a pesar do importante traballo que desenvolven para garantir servizos esenciais nos pequenos municipios, “as deputacións seguen a ser grandes descoñecidas para a poboación” e pediu que se recoñeza “a singularidade de Galicia en canto a dispersión poboacional”.

José Manuel Romay Beccaría felicitouse do bicentenario “dunha deputación modélica”, por enriba das difrencias políticas, que se caracteriza polo traballo en equipo e a súa eficacia.

Salvador Fernández Moreda, o presidente que máis tempo estivo á fronte da Deputación da Coruña na etapa democrática, lembrou as orixes da institución ao abeiro da Constitución de 1812. “Esta deputación estivo sempre á cabeza das deputacións de España”, apuntou Moreda, que destacou que a maioría dos asuntos se aproban por unanimidade “un espírito de consenso que ogallá impregnase tamén a política española”, sostivo.

“Se as deputacións non existirán habería que crealas”, apuntou Augusto César Lendoiro, presidente da institución entre 1995 e 1999, que destacou a través da súa longa historia, en períodos e etapas moi diferentes, a institución caracterizouse semepre polo seu apoio aos concellos da provincia e por ofrecer oportunidades ao mundo rural.

José Luís Torres Colomer lembrou tamén a súa etapa na presidencia da Deputación e o seu traballo como deputado durante doce anos. “É un gran honor formar parte da historia desta institución”; afirmou.

Finalmente, Diego Calvo aludiu tamén ao “carácter pioneiro” da institución coruñesa entre as deputacións de España e considerou que “é importante que a Deputación perdure, ou cando menos as súas funcións, porque é útil para os pequenos concellos e para a xente que vive neles”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.