A axenda turística da Pobra volve contar coa ruta náutica polas bateas e as illas da Rúa e do Areoso

22 Xuño 2022

A axenda con actividades de lecer para desfrutar do verán na Pobra do Caramiñal vai incluír novamente diversas oportunidades para coñecer a contorna marítima do concello. Por exemplo a coñecida como Ruta do Mexillón que se ofrece a visitantes e residentes por segundo ano consecutivo e que se focaliza na ría da Arousa. A proposta vén da man da Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e a empresa Oceanic Arousa Tours.

Trátase dun roteiro marítimo que conta cun compoñente didáctico e outro lúdico: brinda a posibilidade de coñecer o proceso de cultivo do mexillón na ría arousá e a importancia deste sector a nivel socioeconómico, ademais de permitir contemplar de preto a illa da Rúa e rematar no Areoso percorrendo a súa contorna natural e descubrindo a súa historia.

As saídas efectuaranse nos xoves dos meses de xullo e agosto, en quenda de mañá (ás 11.00 horas) e de tarde (ás 16.00 horas), cunha duración de tres horas. O prezo da viaxe é de 28 euros para as persoas adultas e de 18 euros para menores de 10 anos.

A cabida máxima é de 12 prazas, que se que se deberán reservar previamente no punto de información turística -situado na Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.