Tres detidos na comarca por venda de estupefacientes

12 Maio 2022

A Garda Civil de Boiro desmantelou un grupo de venda de substancias estupefacientes na comarca e detivo a dous veciños da Pobra do Caramiñal e un de Ribeira como presuntos autores dun delito contra a saúde pública no marco da ‘Operación Cobregon’.
Esta operación iniciouse no mes de novembro ao constatarse un incremento do consumo e venda de substancias estupefacientes polo miúdo na comarca do Barbanza. A Garda Civil iniciou unha investigación a cal deu como froito a identificación plena dos tres detidos, coñecidos das forzas de seguridade por diversos ilícitos da mesma índole, indicaron as mesmas fontes. Tras obter a identificación desas persoas, a Garda Civil estableceu un operativo de localización das mesmas e logrou o seu obxectivo nun dos controis realizados para o efecto.
A Benemérita interceptou un vehículo no que ían os tres detidos na localidade de Rianxo e interceptou un total de 219 gramos supostamente de cocaína a cal.
Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Padrón.

Garda Civil

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...