Rueda arrinca en Outes, nas Cabaniñas do Bosque, a nova edición do bono turístico

06 Maio 2022

O vicepresidente Alfonso Rueda visitou este venres Outes con motivo do arrinque da nova edición do bono turístico, unha campaña que comezou cun acto simbólico no que o responsábel de Turismo do Goberno galego fixo entrega da primeira tarxeta da iniciativa #QuedamosEnGalicia22, pensada para reactivar o consumo interno en temporada baixa. O acto celebrouse nas Cabaniñas do Bosque, un dos establecementos adheridos á campaña. O bono foi entregado a unha veciña da localidade.

Fotos de David Cabezón 

Rueda, que asistiu acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e do alcalde de Outes Manuel González, puxo o complexo turístico das Cabaniñas do Bosque como “exemplo da calidade da oferta que ofrece a comunidade, á que poderán acceder os beneficiarios desta nova edición do bono, que xa nos vindeiros días comezarán a recibir as súas tarxetas prepagamento”.

O vicepresidente primeiro en funcións amosouse convencido de que, se a edición anterior foi “unha historia de éxito de principio a fin”, esta “superará aínda máis as expectativas”. En parte porque “nada máis saír a convocatoria duplicouse a demanda da anterior, con 20.000 solicitudes en 12 horas”, en parte, dixo, “porque Galicia está de moda e porque, da man do Xacobeo, non hai mellor alternativa para desfrutar dun tempo de lecer”.

Tamén dixo que os primeiros beneficiarios das tarxetas xa poderán facer uso delas nas vindeiras semanas e teñen de prazo para consumilas ata finais de ano, coa excepción dos meses de verán, xa que a campaña está pensada para reactivar o turismo interno en temporada baixa.

Nesta edición, a Xunta asumirá o 40% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60% restante segundo o importe escollido. Ao igual que o ano pasado hai tres tipos de bonos: un de 250 euros -100€ abonados pola Xunta e 150€ polos beneficiarios-; outro de 375 euros -150€ achegados polo Goberno galego e 225€ polos particulares-; e o terceiro de 500 euros -200€ pola Xunta e 300 polos usuarios-.

Rueda lembrou que o ano pasado a tarxeta de maior contía foi a escollida na súa gran maioría polos solicitantes. A anterior edición do bono permitiu inxectar 7,6 millóns de euros ao sector, sobre todo nos meses de menor actividade e concentrándose o consumo no último trimestre do ano.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...