Rematan na Pobra os obradoiros escolares de seguridade viaria impartidos pola Policía Local

24 Maio 2022

Este martes 24 de maio chegaron ao seu remate as xornadas de seguridade viaria destinadas a escolares da educación infantil do municipio.

Efectivos da Policía local da Pobra do Caramiñal desprazáronse ata a E.E.I. Fernández Varela, onde lles ofreceron ás crianzas nocións básicas de seguridade viaria co soporte de recursos cun compoñente lúdico cedidos pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), ademais de explicarlles o equipo humano e material co cal conta o corpo policial.

Estas sesións xa se desenvolveron en semanas previas nas unitarias do Vilariño, A Angustia, A Granxa e no Monte Carmelo. O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e o xefe da Policía local, José Manuel Cameán, aseguran que se valorará repetir accións semellantes para continuar achegando o labor das e dos axentes aos nenos e nenas.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...