“Recuperar Galicia tamén no mar”. Antón Luaces

18 Maio 2022

Debatida o martes e votada este mércores após máis de 500 anos “de intentos de castelanización da sociedade e a onomástica, antroponimia. hidronimia e toponimia”, o Congreso dos Deputados, coa excepción de Vox e Ciudadanos, aprobou a tramitación da proposición de lei que formula a modificación da lexislación en vigor para que se respecte a toponimia oficial na cartografía das capitanías e os distritos marítimos de Galicia.

Na defensa da modificación da lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante, o deputado do BNG, Néstor Rego, lembrou que os galegos recuperamos oficialmente en 1983 a toponimia propia coa Lei de Normalización Lingüística de Galicia, aludindo ao feito de que o debate desta proposición cadrara agora coa celebración do Día das Letras Galegas. Salientou na súa intervención o deputado nacionalista galego, o apoio á normalización que supuxo “a mobilización en Santiago de Compostela convocada pola plataforma “Queremos galego”, lembrando que, malia todo, a normativa legal de aplicación que regula as capitanías marítimas  e os distritos marítimos é empregada a día de hoxe con toponimia deturpada, o que afecta mesmo á matriculación das embarcacións en provincias marítimas como a de Vilagarcía.

Néstor Rego calificou de “vergoña” o feito de ter que levar ao Congreso o debate deste asunto, polo que reclamou o cumprimento da lei por parte da Administración do Estado.

A normativa establece que os topónimos “terán como única forma oficial a propia, a galega”, polo que a Administración “debe respectala”.

Citou neste caso o deputado do BNG topónimos que se manteñen en uso sen que este decaia, como El Ferrol, Santa Eugenia de Ribeira, Isla de la Toja, Isla Quiebra (por illa da Creba) e lembrou que non vai moitas semanas, nun foro celebrado na illa da Toxa -con participación do Rei e a do presidente do Goberno- empecináronse os asistentes e mesmo os convocantes do encontro en empregar o nome Isla de La Toja.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.