O V Trofeo de Atletismo Barbanza realizarase na Pobra no 27 de maio

O quinto Trofeo de Atletismo Barbanza levarase a cabo o vindeiro 27 de maio, na Pobra do Caramiñal, a partir das 17.00 horas no Estadio Municipal da Alta. Reunirá as probas de salto triplo mixto (da sub-16 en adiante), lanzamento de peso (absoluta feminina), xavelina (absoluta mixta) e carreiras de metros lisos en distintas distancias dende as categorías sub-8 á absoluta.

Os premios consistirán en medallas e trofeos. As inscricións realizaranse de maneira telemática a través da Rede, ata as 22.00 horas do día 25 de maio.

Organizan a Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza co control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA).