O IES da Pobra do Caramiñal repite a experiencia dos obradoiros de marisqueo

02 Maio 2022

Un total de 8 estudantes de 4.° da ESO do IES da Pobra do Caramiñal, xunto con profesorado,
participou neste 2 de maio nos obradoiros de marisqueo que impulsa a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra. Aproveitaron a ocasión para facer un traballo fotográfico enmarcado nunha das materias do centro educativo. O instituto pobrense repite así a experiencia despois da visita efectuada a comezos do mes de abril xunto con alumnado de Bulgaria ao abeiro do programa Erasmus+.
Nun primeiro momento foron recibidas e recibidos por unha das técnicas do Turismo do Concello no Auditorio do Museo Valle-Inclán, lugar onde se procedeu coa proxección dun vídeo que amosa toda a cadea pola cal pasan os recursos marisqueiros, para, posteriormente, comprobaren in situ, na praia dos Raposiños, cales se atopan nos areais do municipio.
Tamén se lles fixo entrega dun receitario que aglutina as diferentes elaboracións que se fan con bivalvos nos establecementos hostaleiros da localidade.
Esta actividade dirixida a centros de ensinanza de toda Galicia continuará nos vindeiros meses coa finalidade de aproximarlles ás novas xeracións o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ademais de contribuír con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.