O BNG de Outes reclama medidas urxentes para facilitar vivendas no concello á xente nova

18 Maio 2022

O BNG de Outes, a través dos seus representantes María Xosé Suárez e Anxo Núñez Fernández, presentaron unha proposta sobre a problemática da vivenda no termo municipal, poñendo o foco nunha serie de cuestións que son comúns a boa parte dos nosos concellos: cuestións como a perda de poboación motivada pola falta de oportunidades (e que repercute nunha degradación dos servizos) ou a existencia de moitas casas tradicionais baleiras (cada vez máis) e de edificacións novas que nunca foron rematadas nin ocupadas por compradores.

Estes e outros datos aparecen debullados nun vídeo compartido pola agrupación dende a ribeira do Freixo, que é, segundo sinalan, un exemplo deste “proceso de perda de vivenda” e destas “eivas locais en materia de bolsas”. Neste senso, o BNG denuncia “a falta de implicación das administracións local e autonómica” para reter xente nova no concello. Anxo Núñez tamén destaca o feito de que Outes sexa o concello máis envellecido da ría e o que máis sofre a perda de poboación. Por estas e outras razóns, reclaman dúas medidas urxente: unha bolsa de vivenda local e a creación de axudas que porían a disposición da xente inmóbeis pechados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.