Novo número impreso do noso mensual “O Barbanza”, dedicado ás “Letras Galegas”

12 Maio 2022
Portada do número 35 de “O Barbanza“

Coincidindo co Día das Letras Galegas “O Barbanza” sae cun novo número impreso que se distribuie de balde en toda a comarca.

O número 35 da publicación mensual, poderá verse en Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, O Son, Lousame, Dodro, Noia e Outes cunha tirada de 7.000 exemplares. Ase mesmo pódese leer ou descargarse en pdf desde a nosa páxina web “obarbanza.gal“.

Esta edición leva unha ampla información sobre as nosas Letras e a figura de Florencio Delgado Gurriarán.

Entre outros temas pasamos revista a actualidade dos nosos concellos, o apoio o comercio da comarca e as empresas coas axudas galegas InnovaPeme e DeseñaPeme, e como aumentan as medidas de conciliación, igualdade e responsabilidade social da empresa alimentaria da Pobra, CONGALSA. Completamos información con novas e reportaxes sobre os concellos da comarca.

Coma sempre esperamos que nos sigades na nosa web “obarbanza.gal” coas novas diarias como o fan xa máis de 70.000 usuarios/únicos o mes e nas nosa redes sociais.

Ase mesmo seguen crecendo os nosos subscritores o boletín diario que de balde podese recibir coas novas e artigos no e-mails.

Para agradecer o apoio dos nosos lectores e xunto á Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que forma parte a nosa edición e en colaboración con Dinahosting e PuntoGal, realizamos unha campaña para promover a lingua galega e o seu uso na Internet, de xeito que ofrecemos aos usuarios que se subscriban a nosa publicación entre o 17 e o 31 de maio a posibilidade de gozar totalmente de balde dun dominio .gal e un aloxamento web para ese dominio durante un ano enteiro (agasallo valorado en máis de 170 euros).

Deste xeito poténciase o uso e presenza da nosa lingua na Rede, así como se amplía o uso dos dominios .gal, que están a resultar chave para os contidos en galego na Internet, así como para a visibilidade das nosas lingua e cultura.

Entre os medios participantes nesta campaña están as nosas edicións de Código Cero ou O Barbanza e as subscricións a un dos nosos boletíns poden realizarse no seu espazo web ou a través do noso perfil en Twitter. SUBSCRICION BOLETIN DIARIO O BARBANZA TAMÉN PODEDES SUBCRIBIRSE O NOSO TWITTER. Grazas polo voso apoio e darlle difusión.

Subscríbete ao galego

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.