Na Pobra os nomes de Neira Cruz e Carlos Mosteiro vólvense unir con motivo dun premio literario

21 Maio 2022

Xosé Antonio Neira Cruz recibiu na tarde do 20 de maio o IV Premio de Literatura Infantil Carlos
Mosteiro nun acto que se desenvolveu no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ao abeiro da programación do Maio das Letras. O galardoado, quen repite distinción despois de gañar tamén a segunda edición do certame, estivo acompañado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o director de Produción da Editorial Galaxia, Xesús Domínguez.
Co acompañamento musical da Escola de Música da Pobra, nesta cita aproveitouse a ocasión para presentar publicamente a obra gañadora, Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, e as persoas asistentes recibiron un exemplar dela.
O premio supón unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de volumes entre a rapazada do municipio.
Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia, o dito certame é concibido como un medio para promove-los autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, así como para homenaxea-lo escritor Carlos Mosteiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.