Inaugurada no Consistorio de Ribeira a mostra “Paso a paso”

10 Maio 2022

A Casa do Concello de Ribeira exhibe estes días unha nova exposición, a mostra Paso a paso, integrada por un total de 24 imaxes tomadas por oito autores, todos eles alumnos da escola de fotografía que dirixe o prestixioso profesional Fuco Reyes.

O acto inaugural, presidido este luns 9 de maio polo alcalde Manuel Ruiz e coa presenza e intervención tamén da concelleira de Cultura María Sampedro, contou coa presenza de catro dos autores participantes: Ana Rozas, Adonis Ríos, Josina Gancedo e Ramiro González (os outros catro son Esmeralda López, Ánxela Taboada, María Pino e Maite Miñambres).

Paso a paso é unha mostra itinerante que inicio o seu percorrido no pasado febreiro en Valga, pasando pola Illa de Arousa e Vedra. Logo de recalar en Ribeira marchará a outros concellos como Cambados, Soutomaior, Ordes e Ames para finalizar a súa peregrinaxe en Santiago no remate do ano.

Tal e como se explicou no percorrido posterior á intervención dos participantes, a exposición vertébrase en tres temáticas de traballo: unha documental (coas obras de Anxela Taboada Lamela e Adonis Ríos, que representan a alma de Galicia), outra emocional (é a que propoñen Ramiro González González, Josina Gancedo Cons e Esmeralda L. Castro máis humanista, ao poñer énfases nas vivencias de cada ser humano) e outra de corte poética (con Maria Pino, Maite Miñambres e Ana Rozas Vázquez en canto ás relacións da fotografía e a pintura, que introduce ao visitante nun universo de fantasía e recordo, desde a cotidianeidade, a atemporalidade e a maxia).

Manuel Ruiz como María Sampedro agradeceron aos protagonistas da mostra que escolleran o concello ribeirense como etapa no seu percorrido e convidaron á cidadanía a achegarse ao consistorio local para recrearse nas obras que a compoñen. Paso a paso ficará ata o vindeiro 15 de xuño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...