Fabiola García anuncia un incremento de 41 prazas nos centros de ADISBISMUR en Outes

20 Maio 2022

A Xunta incrementou as prazas públicas no centros de día e no centro ocupacional da asociación ADISBISMUR, en Outes, ata un total de 41. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, deu a coñecer as ditas novidades nunha visita ás instalacións da entidade, onde puxo en valor o seu traballo a favor das persoas con discapacidade na contorna. Fixo a visita na compaña do alcalde, Manuel González.

Segundo fixo saber, financiaranse nas dependencias de ADISBISMUR cinco prazas más có ano pasado, chegando como dixemos a un total de 41 (18 no centro de día e 23 no centro ocupacional). Para o seu funcionamento destínanse 440.000 euros ao ano.

Fabiola García tamén fixo saber que “a Xunta incrementou desde o ano 2009 nun 30% o número de prazas públicas de atención á discapacidade ata chegar ás 5.600”. E engadiu: “Tan só neste ano 2022, poremos en marcha 280 novas prazas públicas”. Lembrou tamén que “coa colaboración de entidades como ADISBISMUR, Galicia é cada día máis inclusiva, solidaria e xusta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...