Exposición “Cartografía. Ciencia e arte ao servizo de todos” no Palacio de Capitanía Xeral e un “concerto de música de cinema” con motivo do Día das Forzas Armadas 2022 na Coruña

18 Maio 2022


• Dentro das actividades programadas con motivo do Día das Forzas Armadas 2022 na Coruña.

Este xoves 19 de maio, ás 18:00 h, o Palacio de Capitanía Xeral da Coruña, sede do Mando
de Apoio á Manobra, inaugura a exposición “Cartografía. Ciencia e arte ao servizo de todos”.
Esta exposición, na que se exhiben fondos cartográficos do Centro Xeográfico do Exército, estará
aberta ao público, no patio do mencionado Palacio, do 19 ao 25 de maio, de luns a venres, de catro
a oito da tarde e os sábados e domingos, de dez da mañá a dúas da tarde.

Por outra banda tamén este xoves 19 de maio, ás 20:00 horas, a Praza da Constitución da Coruña, e enmarcado dentro das actividades de celebración do Día das Forzas Armadas 2022, a Unidade de Música
do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, ofrecerá un concerto de música de cinema dirixido,
fundamentalmente, aos escolares e abarcará bandas sonoras de películas tan coñecidas como “A
Guerra das Galaxias”, “O padriño”, “ Grease”, “Indiana Jones”, “James Bond”, “Piratas do Caribe”,
etc.
A Unidade de Música contará coa colaboración da Asociación Histórico Cultural “ The Royal Green
Jackets” e a Asociación de Amigos do Museo Militar da Coruña que realizarán unha escenografía
que ambientará as obras musicais que se interpreten.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.