Escolares do EEI Fernández Varela viviron unha xornada de marisqueo en Raposiños

27 Maio 2022

Unha vintena de escolares da EEI Fernández Varela tivo neste 27 de maio unha toma de contacto co mundo do marisqueo que arrancou no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal coa explicación por parte dunha das técnicas do Turismo do Concello sobre o desenvolvemento da actividade; exposición que se complementou cunha peza audiovisual sobre o proceso a que son sometidos os bivalvos dende a súa extracción ata que se empregan como produto base de receitas.

Posteriormente, puideron constatar na praia dos Raposiños como se conseguen os recursos marisqueiros do litoral do municipio da man das propias mariscadoras.

Impulsados pola Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra, estes obradoiros están destinados a centros educativos de toda Galicia para achegarlles ás novas xeracións o oficio das mariscadoras e fomenta-lo respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.