En Boiro cambios na programación das Letras Galegas 2022

15 Maio 2022

Atendendo á previsión meteorolóxica prevista para os vindeiros días, o Concello de Boiro realiza cambios na programación prevista para as Letras Galegas 2022. As actuacións previstas para o exterior aprazaranse para novas datas.
O luns día 16 realizarase a inauguración institucional do Pazo de Goiáns ás 19.30 horas, a presentación do caderno nº6 da revista Follas Novas e a actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio no interior do Pazo. A plantación da figueira e a actuación de Nova Galega de Danza aprázanse.
O martes 17 de maio mantense a apertura de portas ás 11.00 horas co mercado de artesanía, libreiros e palilleiras no interior do Pazo. Os bailes tradicionais previstos para a mañá trasládanse a pola tarde. A partir das 14.00 horas xantar popular con pulpeira e gaiteiros. Toda a programación prevista para o escenario pequeno trasládase ao interior e ás 16.00 horas farase a presentación institucional e ás 16.15 horas comezan as presentacións literarias de Barbantia. Ás 17.30 horas actuación de Esperanza Mara e ás 18.00 horas representación de Airiños tamén no interior do Pazo.
Para o martes 17 mantense no exterior do Pazo as actuacións dos grupos tradicionais Abeloura, Xilbarbeira e Pedra da Aroña a partir das 17.30 horas e dependendo das condicións meteorolóxicas pola tarde. Ás 19.00 horas será a actuación de Os da Porfía tamén no exterior. As actuacións de Xisco Feijóo e Baiuca aprazaranse para unha nova data.
Modifícanse tamén os horarios de autobús previstos. O luns 16 a saída de A Boqueira de A Negral será ás 19.00h e o regreso dende o Pazo ás 21.45h horas. O martes 17 mantéñense as saídas ás 10.30h, 12.30h, 16.00h e 18.00h; os regresos dende o Pazo serán ás 10.45h, 12.45h, 16.45h, 18.45 e 21.30 horas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Luns 16 de maio
19.30 horas – inauguración do Pazo de Goiáns
20.00 horas – presentación do caderno nº6 da Revista Follas Novas
21.00 horas – actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio
Luns 17 de maio
11.00 horas – apertura de portas e mercado de artesanía no interior do Pazo
de Goiáns
14.00 horas – xantar popular con pulpeira e Pequenos do Barbanza
16.00 horas – presentación institucional no interior do Pazo
16.15 horas – presentacións literarias a cargo de Barbantia no interior do Pazo
17.30 horas – actuación de Esperanza Mara no interior do Pazo
17.30 horas – baile tradicional na eira do Pazo con Xilbarbeira, Aroña e
Abeloura
18.00 horas – actuación do grupo Airiños no interior do Pazo
19.00 horas – actuación de Os da Porfía na eira do Pazo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...