Campaña de promoción do galego na rede. Gratis o dominio .gal e aloxamento durante un ano

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) en colaboración con Dinahosting e PuntoGal, está a realizar unha campaña para promover a lingua galega e o seu uso na Internet, de xeito que ofrecerán aos usuarios que se subscriban ás súas publicacións entre o 17 e o 31 de maio a posibilidade de gozar totalmente de balde dun dominio .gal e un aloxamento web para ese dominio durante un ano enteiro (agasallo valorado en máis de 170 euros).
Deste xeito poténciase o uso e presenza da nosa lingua na Rede, así como se amplía o uso dos dominios .gal, que están a resultar chave para os contidos en galego na Internet, así como para a visibilidade das nosas lingua e cultura.
Entre os medios participantes nesta campaña están Código Cero ou O BarbanzaAs subscricións ao noso boletín poden realizarse no seu espazo web ou a través do noso perfil en Twitter.

Subscríbete ao galego