“De ser eliminada a pesca de arrastre, Galicia perdería 280 millóns de euros, 20 de cada 100 barcos de baixura e 1 de cada 3 postos de traballo desta frota”. Antón Luaces

04 Maio 2022

Antón Luaces.- Unha emenda que pretende pór fin ás técnicas pesqueiras sen demonizar ao sector arrastreiro, asinada polos eurodeputados Gabriel Mato e Francisco Millán Mon, recibiu o apoio da maioiría da Eurocámara. A emenda modifica a resolución non lexislativa sobre economía azul que pretendía a eliminación total da pesca de arrastre en todas as áreas marítimas protexidas, algo contra o que tamén se manifestaron, amáis da maioiría dos eurodeputados, as organización pesqueiras de España e da Unión Europea.

O portavoz do PP Europeo na Comisión de Pesca do Parlamento de Europa. Gabriel Mato,l amosou a súa satisfacción polo apoio dado pola mayoría da Eurocámara e clarexaba a súa posición contraria á “demonización” do arrastre de fondo que, amáis, “é un dos artes  pesqueiros máis comúns e regulados na Unión Europea” porque todos os artes  de pesca “poden ser respectuosos co medio ambente se se usan ben”. Engade que o plan de acción da Comisión Europea  para conservar os recursos  pesqueiros e protexer os ecosistemas mariños debe ir acompañado  da análise dunha posible limitación no uso dos artes prexudiciais  para a biodiversidade, ñero sempre “sobre a base de informes científicos” porque “se utilizan un informe de propia iniciativa sobre economía azul para condenar unha técnica de pesca ancestral sen un debate  profundo e ben informado, é absolutamente reprobable”. Aínda máis se a súa posible prohibición ten repercusións catastróficas para comunidades costeiras enteiras, xa que logo  pode ir en contra da seguranza alimentaria e a perda de buques e empregos.

Cadra nesta apreciación o secretario xeral de Cepesca, Javier Garat, que parte do feito de que o informe non é vinculante “por máis que os ecoloxistas e os verdes tentaron “coar” o mesmo. “A situación é. neste momento, a mesma: as ameazas ecoloxistas segue ahí, retrásase a publicación do Plan de Acción da xestión pesqueira que, coa campaña ecoloxista, se solicita a desaparición da pesca de arrastre mediante o uso de mentiras absolutas. Hoxe, mércores, celébrase unha reunión técnica ao respecto que espero deixe constancia  do impacto da medida e aporte datos científicos que desmintan de vez aos ecoloxistas”.

O arrastre, reafirmou en O Barbanza o secretario xeral da Cepesca, “é un arte que só se emprega en fondos mariños nos que non causa daño e, repetitivamente, nas mesmas áreas. Un arte moi importante para España que afecta exclusivamente a especies que só se poden capturar con estes aparellos de arrastre. Son moitas as especies que tan só poden ser capturadas con artes coma o arrastre e que, de non ser así, tan só poderían ser consumidas pola xente rica dado o seu alto prezo, máis asequible grazas a tales aparellos”.

A realidade económica do sector fala por sí mesma: hai 887 barcos  (779 de baixura). Na Comunida autónoma de Galicia, a desaparición do arrastre implicaría unha pereda de 280 millóns de euros anuais. A máis. Limitar a pesca de arrastre aumentaría a dependencia europea das importacións de peixe estranxeiras.

O voto en contra da prohibición da pesca de arrastre  permite que o texto final do informe se limite a pedir que a UE “prohíba o uso de técnicas prexudiciais  nas súas augas mariñas totalmente protexidas seguindo o mellor asesoramento científico disponible. Limitar o contacto deste arte co fondo mariño pon en perigo a máis do 20% dos buques artesanais galegos e a un terzo dos postos de traballo desta frota. O prexuizo potencial para a economía galega rolda, como xa se dixo, os 2890 millóns de euros, e a súa prohibición elevaría a dependencia europea das importacións de peixe estranxdeiras.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.