Continúa aberto na Pobra o concurso para dar forma ao cartel das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

26 Maio 2022

Con motivo do Día Internacional dos Museos, que se conmemorou no 18 de maio, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), puxo en marcha a primeira edición do concurso que busca o cartel para a promoción das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

O prazo de recepción de orixinais prosegue aberto ata o día 15 de agosto e o premio consistirá na publicación da lámina e unha dotación económica de 700 euros.

Segundo explica Cultura da Pobra, a técnica e o deseño son libres, inspirándose no escritor Ramón del Valle-Inclán. Empregarase como material cartolina ou papel semellante, do tamaño A3, cun pseudónimo pola parte traseira e o obrigado uso do slogan “XXIV XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN. Museo Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal – outubro 2022.” Ó certame poderán concorrer cantas persoas artistas e deseñadoras estean interesadas, maiores de 18 anos. Entregarase un máximo de dúas obras por autor/a e proporcionaranse tamén en formato dixitalizado no Museo Valle-Inclán, no rexistro do Concello ou por correo certificado. O xurado estará composto por persoal relacionado co mundo da cultura e deseño.

As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal.

Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...