Aurora Marco presenta na Pobra o seu libro “Irmandiñas”

02 Maio 2022

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal vai dar acollida a unha actividade literaria, este 8 de maio ás 20.00 horas. Trátase da presentación do libro Irmandiñas, da ensaísta e historiadora galega Aurora Marco (Noguera de Albarracín, 1948) e coa edición a cargo de Laiovento.

O acto contará coas intervencións da propia autora e do concelleiro da Memoria Histórica, Xabier Santos (BNG), ademais do acompañamento musical por parte de Barahúnda.

Segundo informan dende o Concello da Pobra, este ensaio é “unha reivindicación do labor social, cultural e político desenvolvido polas mulleres galegas nas primeiras décadas do século XX”, etapa en que, malia a súa incorporación aos espazos públicos, a súa proxección foi limitada e as irmandiñas non foron unha excepción. A través dun arduo traballo de investigación, Aurora Marco constata documentalmente a relevancia do seu compromiso e dinamismo, contribuíndo así a recuperar e recoñecer o seu legado.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...