Até 44 pobrenses participan na 5ª edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC

10 Maio 2022

As novas actividades da USC na Pobra do Caramiñal están a ser un éxito de participación. Segundo confirmou o Concello, un total de 44 veciños e veciñas participan dende o día 9 de maio na quinta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia, o programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela que difunde entre a veciñanza maior de 50 anos da localidade coñecementos científicos, humanísticos e artísticos. Na Pobra, o programa celébrase en colaboración coa Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

O acto de apertura celebrouse no Auditorio do Museo Valle-Inclán e contou coa presenza da directora do IV Ciclo na USC, Esther Olveira, para dar benvida ás persoas asistentes.

A oferta formativa abrangue as temáticas da fisioloxía, socioeconomía e cromática. Cada unha delas consta dunha sesión teórica e outra práctica a cargo de persoal docente vencellado a este proxecto que transcorre ao longo de todo o mes de maio.

O dito ciclo comezou este luns 9 de maio co seminario O sono e os seus trastornos da man de Mónica Antelo Martelo, quen regresa hoxe, día 10, para ensinar técnicas para concilia-lo sono.

Xa no día 16 será a quenda de José Manuel Vázquez Lijó co seminario Tradición e modernidade nos escenarios galegos (1880-1950). Vellos e novos oficios e negocios. Volverá no día 24 cunha visita ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

E Nerea Varela Castro será a encargada de ofrecer o seminario Simboloxía das cores, no 18 de maio, para proseguir coa parte práctica mediante unha excursión polos arredores no día 19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...