As especies hortícolas do Barbanza centran dous cursos sobre sementes en Brión

16 Maio 2022

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Consellería de Medio Rural) ten previsto celebrar dous cursos sobre sementes hortícolas locais no concello de Brión, concretamente na aula da terra do Centro Comercial Monte Balado. Un deles comezará o vindeiro martes 24 de maio e o segundo ao día seguinte, cunha duración en ambos casos de 60 horas lectivas en total. O obxectivo destas actividades formativas é dar a coñecer as especies e variedades hortícolas das comarcas de Santiago e Barbanza. Ademais, abordaranse aspectos funcionais como unha correcta plantación en invernadoiros e fincas ao aire libre, os tratamentos ecolóxicos preventivos e a rotación de cultivos, entre outros aspectos.

Estas iniciativas están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...