As Ecobrigadas de Amicos mergúllanse no río Sar para a súa recuperación e acondicionamento

10 Maio 2022

As Ecobrigadas de Amicos iniciaron este 10 de maio os traballos de acondicionamento do río Sar, en Santiago de Compostela. A acción desenvólvese en colaboración con Viaqua, derivada da sinatura do convenio do pasado 14 de marzo co obxectivo de “traballar conxuntamente na inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade”. Estímase que as accións de recuperación ambiental no río Sar, e tamén no río Sarela, se estendan no tempo dous meses.

Dende Amicos declaran que a colaboración significa “a oportunidade para que 25 persoas con discapacidade intelectual poidan seguir mantendo os sus postos de traballo, continuar o seu proceso formativo e desenvolvendo o seu plan de vida”.

A asociación agradece a confianza depositada, especialmente a Ana Teijeiro, Yago Lorenzo e Leticia Rodriguez Hernández de Viaqua, xa que “as Ecobrigadas son unha iniciativa de economía social que necesita o compromiso de entidades como Viaqua que queiran apostar pola contratación responsábel”. Para Amicos, o convenio con Viaqua tamén implica “o inicio de unha relación cunha compañía líder no seu sector e coa que compartimos os valores do coidado medioambiental e da inclusión de persoas con discpacidade”.

Esta é unha das primeiras accións derivadas do dito acordo, aínda que xa se está a traballar noutras liñas comúns que se esperan poder realizar en datas vindeiras.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.