Arrincou na Pobra o primeiro curso do itinerario formativo inclusivo do Concello e FSC Inserta

30 Maio 2022

Na xornada deste luns 30 de maio iniciouse a primeira das accións do itinerario formativo para persoas con diversidade funcional posto en marcha pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e a FSC Inserta, con co-financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo. Este primeiro curso consiste na limpeza en instalacións e equipamentos industriais, cun total de 110 horas lectivas. A parte teórica abarca o período do día 30 de maio ao 22 de xuño, mentres que a práctica vai do día 23 ao 30 de xuño.

A edil Amparo Cerecedo (BNG) desprazouse ata a Casa da Mocidade para recibir ás 11 persoas participantes. Lembrou tamén que continúa aberto o prazo para se anotar nos dous cursos restantes. A seguinte acción focalizarase na recepción e procesamento de peixes e mariscos, cun total de 160 horas que se repartirán da seguinte maneira: do día 1 ao 29 de xullo terá lugar o eido teórico e a parte práctica transcorrerá do día 1 ao 12 de setembro. E, por último, a formación sobre manipulación de cargas con carretas elevadoras, traspalés e de man desenvolverase do día 19 de setembro ao 25 de outubro, cun total de 130 horas entre teoría e práctica.

A matrícula débese formalizar mediante o teléfono de contacto 981554483 ou o Servizo de Orientación Laboral do Concello, que tamén se habilita para solicitar información. As persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior a un 33% ou ter recoñecida a incapacidade por profesión habitual.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...