Aparece nunhas pesqueiras o corpo sen vida do pequeno desaparecido no Miño, en Arbo

01 Maio 2022

Desgraciadamente o operativo de busca localiza o corpo sen vida do cativo, que onte foi arrastrado pola corrente do río xunto ao seu pai, na praia fluvial de Arbo.

Mentres o cadáver do pai atopuse onte contra as últimas horas do día, o cativo desapareceu nas augas do Miño ata que esta tarde apareceu o seu corpo nunhas pesqueiras para a pesca da lamprea.

Foi o resultado dunha busca que se activou onte tras as primeiras chamadas de alerta ao 112 Galicia despois das sete da tarde. As persoas que contactaron co servizo de emerxencias explicaron que dúas persoas, o pai e o fillo, eran arrastradas pola corrente do Miño, á altura da praia fluvial a carón da ponte internacional que comunica con Portugal.

Xunto a eles estaban tamén a nai e outro fillo da parella, que si conseguiron saír da auga.

Nos primeiros instantes, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha os protocolos de actuación necesarios para dar resposta a esta situación de emerxencia, polo que se mobilizaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona o helicóptero medicalizado con base en Ourense, os rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, os Bombeiros do Baixo Miño e GES-SPEIS de Ponteareas, así como o persoal da Comandancia Naval do Miño, Bombeiros de Viana (Portugal), autoridades locais e o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia.

De feito, os profesionais deste equipo especializado na atención psicolóxica estiveron acompañando e prestando apoio á familia ata ben avanzada a madrugada. 

Xa pola mañá, os técnicos da AXEGA volveron a Arbo cos drons para seguir colaborando cos axentes da Garda Civil e os seus recursos especializados na procura do cativo ata que atoparon o corpo do neno nunhas pesqueiras.

Unidade de drons de Axega

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.