A Deputación da Coruña traballa en fórmulas de inclusión dixital para as persoas maiores

10 Maio 2022

A deputada provincial Ana Lamas debullou este martes 10 de maio as fórmulas nas que traballa a Deputación da Coruña para rematar cos muros de exclusión dixital que afectan ás persoas maiores e facer a administración máis accesíbel para as persoas maiores. Fíxoo co gallo dunha reunión coa plataforma de pensionistas de Cigarreras e Tabaqueros, que demanda medidas para que as entidades bancarias melloren a atención aos maiores.

Ana Lamas dixo que amais dalgunhas medidas que “xa están en funcionamento”, como “o acordo con Correos para facilitar o pagamento de tributos en calquera municipio da provincia a través da súa rede de oficinas ou dos carteiros”, o Goberno provincial traballa nunha serie de iniciativas e de estratexias “que faciliten que a cidadanía poda realizar os seus trámites administrativos coa Administración Electrónica de forma sinxela”, mediante a creación de puntos de inclusión dixital nos que se axude ás persoas a realizar trámites online ou reforzando a atención presencial á cidadanía.

O colectivo considera que o peche continuo de oficinas bancarias, a falta de atención personalizada, a redución de horarios de atención ao público e a posta en marcha de “servizos exclusivamente electrónicos” dificultan cada vez máis o acceso das persoas maiores aos bancos, “unha situación que se agrava aínda máis mo ámbito rural”, sinalaron na reunión, reclamando un decálogo de medidas a pór en marcha para loitar contra esta exclusión. Por exemplo garantir a atención personalizada e a posibilidade de obter cartos en efectivo, que se eliminen os importes mínimos e as comisións para retirada de cartos no portelo, a gratuidade das contas bancarias dos pensionistas, axudas persoais aos clientes maiores para o manexo da tecnoloxía e que os caixeiros estean localizados en zonas interiores das oficinas bancarias por seguridade.

Ana Lamas comprometeuse a trasladar as súas propostas aos diferentes grupos políticos da Deputación e levalas ao pleno provincial en forma dunha moción ou declaración institucional para mostrar o apoio da institución “a unhas demandas que teñen todo o sentido do mundo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...