A creatividade de Teira e Cartea unida polo poeta Rimbaud chega á Pobra

06 Maio 2022

A obra de Arthur Rimbaud baixo a perspectiva de Teira e Cartea chega á casa da cultura Raquel
Fernández Soler pobrense en formato pictórico e literario. A instalación municipal alberga dende o 6 ata o 31 de maio unha exposición composta por unha serie de ilustracións elaboradas por Manuel Teira e inspiradas nos libros do bardo francés Iluminacións e Unha tempada no inferno. Un total de 35 creacións, das cales 12 figuran no volume impreso que compila ámbolos traballos poéticos con tradución e notas a cargo de Manuel Cartea e prólogo de Xesús Laíño. Recóllense así poemas cuxo espectro temático varía dende un carácter visionario a escenas autobiografías cun marcado ton dramático.
A dita obra conxunta presentouse nesta mesma tarde nun acto organizado por parte da Concellaría da Cultura e da asociación cultural Barbantia, coa colaboración da A.C. Escola de Música da Pobra do
Caramiñal, ao abeiro da programación do Maio das Letras. Na cita interviñeron os propios creadores e prologuista, así como a edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a vertente musical da cita veu da
man de Tania Davila López ao piano. As visitas á mostra pódense efectuar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.