Unha muller de Barcelona estafa 4.800 euros por Internet a unha veciña da Pobra ao facerse pasar por un militar

A Garda Civil investiga a unha veciña de Barcelona como suposta autora dunha estafa a través das redes sociais coñecida como “Romance Scam”, ou a estafa do amor.

Segundo informa o instituto Armado, a investigación Amoka levada a cabo polo Equipo @Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña en colaboración co Equipo@barcelona, permitiu detectar á suposta estafadora que tivo como vítima a unha veciña da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal.

Os feitos iniciáronse o pasado ano, cando a vítima da estafa acudiu ao cuartel da Garda Civil da Pobra do Caramiñal a denunciar que sufrira unha estafa. Na súa denuncia relataba que fora enganada por unha persoa que coñecera a través dunha rede social, facíase pasar por un militar estadounidense que se atopaba en Cabul ( Afganistan), solicitándolle diversas cantidades de diñeiro para o pago de taxas, problemas de liquidez ou mesmo asegurándolle que o diñeiro sería para comprar un billete de avión para a viaxe a España e así podela coñecer.

Chegando a asegurarlle nunha ocasión que xa se atopaba no aeroporto do Prat, pero que se atopaba retido por persoal de inmigración, á espera de pagar unha taxa. Algo que, evidentemente, era totalmente falso e que provocou que a vítima se dese conta do engano e a estafa que estaba a sufrir.

O Equipo@milladoiro procedeu á realización da actividade operativa para poder localizar ao autor ou autores de devandito ilícito. Como resultado do traballo realizado a Garda Civil localizou á persoa que se beneficiou do diñeiro da vítima, procedendo á súa investigación como autora dun delito de estafa. Desta forma, a estafadorá recibiría unha cantidade de diñeiro, en diversas transferencias, que alcanzarían os 4.800 euros.

Durante a investigación realizada polo Equipo@milladoiro púidose constatar que a investigada comprara criptomonedas ( bitcoins) para dificultar e entorpecer o labor policial. As dilixencias instruídas, foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ribeira.

Garda Civil