Rueda presenta un sistema que contabiliza o número real de peregrinos grazas aos seus móbiles

14 Abril 2022

Este 14 de abril foi dado a coñecer en Arzúa un innovador sistema tecnolóxico para contabilizar o número real de peregrinos que percorren as rutas xacobeas. Foi presentado nos seus detalles polo vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, dende o albergue de Ribadiso. Segundo fixo saber, trátase dunha experiencia piloto que complementa as estatísticas de Compostelas seladas na Oficina de Acollida ao Peregrino. O novo método, engadiu, pretende realizar a medición a través de teléfonos móbiles con Wi-Fi ou tecnoloxía Bluetooth instalados en determinadas zonas, neste caso en puntos estratéxicos do Camiño Francés, a ruta xacobea máis transitada.

Segundo explicou Alfonso Rueda, a tecnoloxía serviría para encher os baleiros de información sobre a verdadeira presenza de camiñantes nas diferentes rutas, xa que é previsíbel que as cifras sexan maiores do que permiten saber os ditos selos (que non son cruñados por todos os peregrinos) ou as diferentes metodoloxías de conteo da cidade de Compostela (hai peregrinos que non chegan até a capital de Galicia).

Ao acto tamén asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, así como representantes do Clúster Turismo de Galicia e das asociacións de amigos do Camiño de Santiago.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.