Reportaxe: O radon un inimigo presente na comarca

10 Abril 2022

Pero que é o radon? Trátase dun gas nobre, inerte, incoloro, inodoro e insípido, tamén é solúbel en auga
e o seu símbolo químico é o Rn. O radon é radioactivo, é dicir, os seus átomos convértense, de maneira
espontánea, en átomos doutros elementos químicos. Fórmase de maneira natural pola desintegración
do uranio que existe nas rochas e no chan. Este proceso de desintegración ocorre na terra desde fai
miles de millóns de anos, chámase cadea de desintegración natural do uranio.
Que efectos ten na nosa saúde a exposición ao radon? A axencia Internacional de Investigación sobre o
Cancro (IARC), pertencente á Organización Mundial da Saúde (OMS), clasifica o radon como grupo 1, o
que significa que está demostrado que é canceríxeno para os humanos. Cando o radon pasa ao aire,
podemos inhalalo ao respirar. Unha vez no interior do corpo, fíxase aos tecidos do pulmón e continúa desintegrándose, emitindo partículas que poden danar as células. Este proceso supón un factor de risco para a formación de cancros de pulmón que, ademais, vese aumentado no caso de que haxa hábito de fumar.
Pero de que estamos a falar e cal é a súa presenza na nosa comarca? Para aclaralo falamos con Xoán
Miguel Barros Dios, que dirixe o Laboratorio de Radon de Galicia e é profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, FEA do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS, que leva 25 anos estudando a incidencia do gas.

Esta entrevista aparece publicada no noso número impreso que se pode ver en toda a comarca ou descargar en pdf desde o enlace “O Barbanza“

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.