Presunta agresión sexual dunha menor durante a Festa da Xuventude de Aguiño

11 Abril 2022

O presunto intento de agresión sexual dunha menor de idade que se produciu na madrugada do sábado ao domingo durante a celebración da Festa da Xuventude de Aguiño.

Segundo informan fontes da Policía Local de Ribeira, ao redor das 3.15 da madrugada recibiuse un aviso no que se advertía dun intento de agresión sexual nesa parroquia ribeirense e cuxos autores, segundo a denunciante, serían dous individuos que agora se busca.

De feito, estableceuse un operativo de procura na contorna pouca despois de ter coñecemento a policía dos feitos, aínda que non se puido dar cos presuntos autores desta agresión que, segundo publica La Voz de Galicia, levou á moza ata o Hospital Comarcal do Barbanza para ser atendida, ata onde foi acompañada por un familiar.

De momento non existe confirmación oficial por parte da Policía Nacional deste sucesos, corpo que se fixo cargo da investigación e responsables, xunto á Policía Local ribeirense, dos traballos para tentar identificar e dar co paradoiro dos dous sospeitosos da agresión sufrida por unha vítima da que se descoñecen máis detalles e que interpoñería xa a correspondente denuncia.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.