Outes promove a cebola e o ceboliño de San Cosme

27 Abril 2022

O Concello de Outes, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, informou do desenvolvemento de varias frontes abertas para a promoción da cebola e o ceboliño de San Cosme, dous produtos típicos con gran gran tradición e que contan con gran recoñecemento gastronómico pola súa calidade e sabor. A Feira do San Marcos de Noia, celebrada esta pasada fin de semana, foi o punto de venda e distribución de milleiros de plantas.

A promoción da cebola e ceboliño de San Cosme enmárcase dentro do proxecto Saberes e Sabores de Outes, no que o Concello recoñece que leva varios meses traballando, incluíndo estudos sobre a situación actual do sector primario máis vencellado á agricultura e ás granxas extensivas, así como á tradición dos artesáns e artesás.

O obxectivo é “propoñer estratexias de promoción e dinamización, económicas, sociais e culturais, con vistas a revalorizar e recuperar os recursos tradicionais existentes no concello e, tamén, promover novas iniciativas vinculadas a este sector”.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...