Os casos activos na área de Santiago e Barbanza pasan dos dous mil nun día 

Este xoves contabilizásense na área sanitaria de Santiago e Barbanza máis de dous mil casos activos, concretamente 2.037, algo que non sucedía desde o 4 de abril.

Por segunda xornada consecutiva tamén se superaron os douscentos novos positivos en 24 horas. O último dato ascende a 247, nove máis que os notificados o mércores. Houbo 49 altas.

No que respecta a os concellos da comarca a incidencia acumulada ( IA) sube tanto sete como a 14 días. A unha semana é moi significativo o aumento de positivos en Ribeira, 9 casos, achegándose xa ao medio centenar. No resto de localidades as subidas son máis baixas pero manteñen a tendencia ascendente que vén rexistrando nos últimos días.

Muros segue liderando os concellos da comarca con 46 contaxios e unha Incidencia Acumulada de 547 casos por 100.000 habitantes. Outros seis municipios superan os catrocentos casos por cen mil habitantes.

O Sergas notifica 87 pacientes están a ser tratados en planta, tres deles no centro de Barbanza, e dous que permanecen na uci do Clínico. A cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia incrementouse na área sanitaria de santiago-Barbanza en tres e chega 458.