Obradoiro a familias e alumnado do IES pobrense sobre o mal uso dos dispositivos móbiles

08 Abril 2022

Familias de estudantado do IES da Pobra do Caramiñal participaron nun obradoiro impartido por parte dun equipo de psicólogos sobre o mal uso dos dispositivos móbiles. Esta acción complementa os talleres nos que participaron as catro aulas de 1.° da ESO do mencionado instituto ao abeiro do proxecto para a prevención de condutas adictivas no ámbito escolar posto en marcha pola Concellaría dos Servizos Sociais e o propio centro educativo no marco das xuntanzas periódicas que manteñen.
A actividade tamén contou coa asistencia da edil dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e o director do IES, Alejandro Bobillo.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.