O TSXG autoriza prorrogar a esixencia do certificado COVID-19 en hospitais e residencias ata o 23 de abril

07 Abril 2022

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou hoxe á Xunta a prorrogar en toda Galicia, ata o próximo 23 de abril, a obriga de presentar o certificado Covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos doentes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional. Os maxistrados destacan no auto que a medida trata “de protexer a persoas que presentan unha especial vulnerabilidade”, as cales se atopan en “contornas de elevado risco epidemiolóxico”, pois se trata de “ambientes cerrados, nos que o propio nivel de dependencia das persoas ingresadas ou residentes favorece o establecemento de contactos próximos e prolongados cos coidadores, o que aumenta o risco de transmisión e de contaxio”. Ademais, indican que, con frecuencia, os residentes presentan “algún grao de discapacidade ou deterioración cognitiva que pode dificultar o mantemento das medidas de prevención, como son a hixiene de mans e respiratoria ou o uso adecuado da máscara”.

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG tamén advirte que “non pode levar a engano a tendencia decrecente da taxa de incidencia do virus, nin a previsión anunciada do fin da obrigatoriedade da máscara en espazos interiores”. Os xuíces inciden en que a prórroga da medida ten por obxecto “garantir a saúde de persoas que presentan unha especial vulnerabilidade e, por tanto, merecen unha especial protección nun contexto como o que nos atopamos, ata o punto de que a previsión de retirada de máscara en espazos interiores non sería xeneralizada, pois non se estendería a centros como os indicados”.

Na resolución, o tribunal sinala que o período ao que se prorroga a medida solicitada comprende datas, como as de Semana Santa, “nas que se produce un aumento de traslados da poboación e un incremento de visitas a residentes e familiares”, o que provoca “un aumento xeneralizado do risco das infeccións, nun contexto no que as taxas de incidencia na nosa comunidade, a día 30 de marzo, a 7 e 14 días, continúan sendo elevadas, con valores de 349 e 846 e casos por 100.000 habitantes, respectivamente”. Contra o auto cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...