O primeiro de maio Porto do Son acolle a XX edición da xuntanza de maiores

02 Abril 2022

O Concello de Porto do Son, a través do departamento de Benestar Social, vai organizar o vindeiro 1 de maio unha actividade de gran interese para as persoas maiores de 65 anos. Trátase da nova edición (a número 20) da Confraternidade de Porto do Son.

O evento incluirá os seguintes seguintes actos:

· 12h | Misa na igrexa de San Vicente de Noal cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son

· 14h | Xantar na carpa situada no xardín da zona portuaria de Porto do Son

Segundo confirmou o Concello, o xantar será de balde e haberá servizos de autobuses. A asistencia debe confirmarse entre os días 4 e 22 de abril, no 981 86 74 14 (en horario de 9:00h a 13:00h) ou no departamento de Benestar Social do Concello.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.