O Goberno central computará a poboación de Ons e Cíes no reparto das axudas na área de influencia do Parque Nacional

27 Abril 2022

O Goberno galego vén de conseguir que o Executivo central compute a poboación residente nas illas Ons e Cíes á hora de repartir entre todos os parques nacionais o orzamento destinado ás axudas para actuacións nas súas respectivas área de influencia.

Así se confirmou durante a última reunión do Consello da Rede de Parques Nacionais, na que participaron a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, que lembraron que o Goberno galego levaba tempo reivindicando que se tivera en conta aos residentes insulares de ambos arquipélagos a efectos do reparto de fondos, “tal e como se facía xa no caso dos Picos de Europa”, sinalaron, engadindo que será a primeira que as Illas Atlánticas se beneficien dun factor corrector do 0,64% na distribución territorializada das subvencións estatais para proxectos e actuacións na área de influencia dos parques, un programa que este ano contará cun orzamento global de 3 millóns de euros.

“A aplicación deste axuste poboacional no caso de Galicia permitirá que manteña e mesmo mellore a súa posición no reparto dos fondos estatais reservados a estas axudas, a pesar de que este ano hai un parque nacional máis, o da Serra das Neves, sinalou Belén do Campo, aproveitando para reivindicar que “de cara ao futuro o carácter insular do único parque nacional da Comunidade galega debe terse en conta como criterio específico de reparto por parte do Ministerio”. Así, propuxo modificar o Real Decreto regulador das subvencións con fondos estatais que se conceden cada ano nas áreas de influencia destes espazos para “introducir a insularidade e a dispersión entre arquipélagos como novo factor de corrección á hora de distribuír territorialmente os fondos”.

Ao respecto, Belén do Campo argumentou que “resulta evidente a carga económica adicional” que supón para calquera administración xestionar un parque nacional de carácter insular, sobre todo se o seu territorio está dividido en catro arquipélagos, como é o caso das Illas Atlánticas, “dispersión que dificulta e encarece tanto a prestación de servizos básicos, como a execución das diferentes actuacións necesarias para garantir o seu correcto mantemento, conservación e protección”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...