O Elma acolle o 9 de abril o festival de bandas a favor do pobo ucraíno

05 Abril 2022

Dando continuidade á axenda de eventos solidarios co pobo ucraíno, no día 9 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no Teatro Cine Elvma o festival de bandas coa Banda da Escola de Música da Pobra e a Banda Ateneo Musical da Pobra.

No Elma estará a disposición unha urna onde as persoas asistentes poidan facer a doazón económica que consideren. A entrada é libre ata completar a cabida.

A maiores, habilítase unha fila 0 para aquelas persoas que non poidan asistir, pero desexen igualmente face-la súa contribución. A conta chámase Ayuda Ucrania e o número é ES35 2080 0311 1630 4002 7515.

Trátase dunha iniciativa que xurde da unión de forzas entre o Concello da Pobra do Caramiñal e o tecido asociativo local para amosa-la súa solidariedade con Ucraína. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explica que os fondos recadados irán destinados a organizacións especializadas que traballan sobre o terreo para contribuír á adquisición dos recursos que se precisen, seguindo así as recomendacións de diversas entidades.

Outros artigos

“Moldes celebra Nosa Señora de Belén”.

Antonio González Millán.- Feliz día de romaxe: segundo domingo de maio, Nosa Sra. de Belén. Culto dun cruceiro situado nunha antiga encrucillada de camiños montesíos, presidindo unha vella necrópole de tempos prehistóticos. O sincretismo de deuses idos substituidos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.