O Concello da Pobra impulsa labores de limpeza en praias e paseos

07 Abril 2022

De cara á tempada de primavera e verán e unha vez rematado o groso dos embates climáticos invernais, os areais da Pobra do Caramiñal recuperan estes días o seu esplendor grazas aos traballos impulsados dende a Concellaría dos Servizos Municipais.

O obxectivo é poñelos a punto para a primavera e, por suposto, para estes días festivos de Semana Santa, nos que se incrementa a afluencia aos areais de residentes e visitantes.

A concelleira Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que as tarefas que se están desenvolvendo consisten na retirada mecánica e manual do argazo e materia inorgánica, ademais de nivelar a area, preparando así as praias para o bo tempo.

Ademais, persoal municipal atópase coa roza e limpeza, tanto manual coma mecánica, na contorna dos paseos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.