O BNG de Outes, crítico coa moción de confianza proposta en relación aos Orzamentos

O BNG de Outes vén de compartir a súa postura sobre a sesión plenaria celebrada o pasado xoves no Consistorio, na que lles foi proposta aos grupos por parte do Goberno local unha moción de confianza ligada á aprobación do Orzamentos deste ano, do 2022, unhas contas que en palabras de María Xosé Suárez, voceira do BNG, “xa deberan estar aprobados en xaneiro”.

Para o grupo nacionalista, a moción de confianza é “a arma que emprega o alcalde para tentar aprobar uns orzamentos que nós criamos que estabamos a negociar, e facéndolles achegas cando por sorpresa soubemos que foran incluídos na pasada sesión plenaria”. Para a voceira do BNG, este recurso do Goberno significa que os Orzamentos (que “non son xustos nin son os que Outes precisa para mellorar todas as necesidades da veciñanza”, manifesta Suárez) van quedar aprobados sexa ou non aceptada a dita moción, “sen marxe de diálogo e para escoitar aos grupos da oposición e aos sectores aos que hai que escoitar, como os empresariais ou aos deportivos”.