O Auditorio da Pobra acollerá unha charla para mostrarnos como interpretar a factura da luz

18 Abril 2022

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) organizan unha charla para axudarnos a entender a factura da luz e sobre diversos conceptos do mercado da electricidade. Será no 23 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O dito coloquio terá como relator a Jesús Castro, membro da referida entidade, quen ensinará como interpretar a factura da electricidade, os conceptos que nela aparecen reflectidos e, polo tanto, coñecer se o importe é o correcto ou non. Outras cuestións que se van explicar son as particularidades do mercado libre e do mercado regulado e como afectan no contrato da electricidade. Tamén se responderán as dúbidas que expoñan as persoas asistentes e indicaranse os servizos que a FAEPAC pode dar á veciñanza.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Todo preparado na Pobra para 16ª edición da Volta a Ons

A Pobra do Caramiñal, a través do Club Náutico Arousa Norte, comezou a conta atrás para a 16ª edición da Volta a Ons. A clásica regata que organiza o Club Arousa Norte, puntuábel para a Copa Xunta de Galicia, conta co patrocinio do Clínica Dr. Gonzalo López e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

Dicirmos que hai diverxencia entre o sector pesqueiro e os gobernos (autonómico e/ou central) non é descubrir, arestora, o Atlántico. Resulta tan evidente ese desencontro, que só a desunión permanente no eido da pesca marítima explica que o sector, en Galicia e as...

“Transcendencia”. Xulio Xiz

“Transcendencia”. Xulio Xiz

Hai uns días, pasando ao lado do edificio da Subdelegación do Goberno, escoitei a voz de Alberto Cortez, procedente dunha fiestra veciña, cantando “El abuelo”. A canción fíxome pensar nas raíces galegas do cantante arxentino, na influencia dos galegos na conformación...