O alumnado do IES da Pobra asistiu no Elma á representación de “A parábola do angazo”

26 Abril 2022

Preto de 300 estudantes da ESO do IES da Pobra do Caramiñal acudiron na mañá deste 26 de abril ao Teatro Cine Elma, para asistir á representación da peza teatral A parábola do angazo, de Talía Teatro. Fixérono repartidos en dúas sesións organizadas pola Concellaría da Cultura para achegar ao público adolescente o valor do teatro. As sesións encadráronse no programa Lingua a Escena!, da Deputación da Coruña.

Antes de comezar as funcións, os estudantes foron recibidos pola concelleira Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), quen, acompañada da técnica municipal, Fita Sanisidro, destacou o compromiso da Administración local coa cultura, que “se traduce na programación de numerosas actividades orientadas a diferentes rangos de idade ao longo de todo o ano”, sinalaron, ao que engadiron a dispoñibilidade do Concello para recoller todas aquelas accións propostas pola mocidade para o seu desenvolvemento na localidade.

No referido ao espectáculo, trátase dunha comedia dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais, na cal se ofrece unha viaxe pola historia da nosa lingua fiada por unha coñecida lenda recollida polo Padre Sarmiento no século XVII. Enlázanse así diferentes episodios que explican o que sucede no presente.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.