Novo capítulo da webserie “Aquí medra a lingua”

18 Abril 2022

O proxecto Aquí medra a lingua, webserie do Consello da Cultura Galega destinada a mostrar proxectos escolares de dinamización lingüística, vén de engadir o quinto (e penúltimo) dos seus capítulos (un dos cales centrouse nas actividades do IES Félix Muriel de Rianxo). Trátase dun audiovisual centrado na experiencia do Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, oito escolas de tres concellos da Coruña (Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica) que desenvolven proxectos innovadores co nexo común de reivindicar o galego na nenez e na mocidade. Proxectos como por exemplo un programa de visitas ao lavadoiro na que se recuperaron oficios e cantigas, un álbum de lembranzas ou un ciclo agrícola para coñecer o léxico de cada estación.

Segundo explica o CCG con motivo do lanzamento do novo audiovisual, o CRA Nosa Señora do Faro traballa nunha contorna maioritariamente galego falante e aposta por tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Deste xeito busca conciliar docencia e lecer, integrar vida académica e extraacadémica, para fornecer a raíz e a autoestima. Este episodio titúlase Militar na contorna, gravouse nas escolas de Tallo e de Pazos máis na Fundación Eduardo Pondal. Nel interveñen Julia Ures Villar, Soraya Remuiñán Barca, Sara Varela Rama, María Noelia Garrido Cerdeiro, Mercedes Castro Cotelo e Adolfo Castro Cotelo.

O proxecto

Aquí medra a lingua é un proxecto deseñado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG que coordina Carme Garcia Mateo, que busca amosar que as escolas son “un cómplice indispensábel na lingua galega e da súa transmisión”. Segundo explican, as diferentes iniciativas están contadas polos seus propios protagonistas que ofrecen “un relato fiel dos proxectos que se están a desenvolver en diferentes centros de toda Galicia”. Esta experiencia audiovisual, dirixida pola valdeorresa Cristina de la Torre, está estruturada en seis capítulos que arrincaron os días pasados con O modelo Burela, e que fóronse subindo semanalmente xunto cunha ficha descritiva de cada centro a un especial do web do Consello da Cultura Galega.

Comezou como dixemos o 21 de marzo co IES O Perdouro de Burela e logo seguiu co CPI da Saleta de Cea, co IES Félix Muriel de Rianxo (4 de abril) e co CEIP Barouta de Ames (11 de abril). Esta semana estrouse o capítulo relativo á experiencia do CRA Nosa Señora de Ponteceso (18 de abril). A serie remata o 25 de abril co CEIP Barouta de Moaña. Son seis centros que están espallados por toda a xeografía galega, que amosan as diferentes accións de cada centro en prol da lingua, coas dificultades e vantaxes de cada caso. Ao remate, todas esas visións xuntaranse nun documental único que condensa todo o material e que ofrece unha visión realista sobre o galego na escola.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.