Na Pobra o Concello mellora o firme de tres estradas ao abeiro do PAS da Deputación

29 Abril 2022

O Concello da Pobra informou do remate dos traballos para pavimentar tres estradas locais, ao abeiro do Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación. Para dar conta das obras, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra); e o arquitecto técnico municipal, Héctor Muñiz, desprazáronse ata a rúa Antón Paz Míguez, unha das incluídas nestes triplo proxecto, onde realizouse a fresadura do firme existente, a roza e a limpeza do terreo con medios mecánicos, a retirada dos materiais escavados e a reposición do asfalto.

Tamén se interveu nunha pequena área de San Lázaro, concretamente na marxe dereita da AC-305, en dirección Boiro, onda a balaustrada do río das Pedras, co obxectivo “de acondicionar o espazo”. Incluíronse traballos de limpeza e escavación da base existente para a aplicación de grava natural calcaria e a extensión de pavimento de formigón pulido cunha capa de resina impermeabilizante.

Así mesmo, executouse a segunda fase da mellora do acceso na contorna do CEP Salustiano Rey Eiras. Os traballos consistiron na fresadura do firme, na retirada dos residuos e nunha nova base de aglomerado.

A totalidade das actuacións foi adxudicada á empresa Ponciano Nieto S.L. por un importe de 29.649’82 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.