Micofer mostra na sede de Ambar as claves para atopar un emprego

06 Abril 2022

A empresa Micofer visitou este 6 de abril a sede da Asociación Ambar en Frións, Ribeira. O obxectivo da visita, na que participaron dúas integrantes de equipo de Micofer (María Boisaca e Gracia Rubianes, consultoras de recursos humanos das oficinas en Boiro da dita empresa), foi mostrar o día a día dunha firma como Micofer, centrada nos ámbitos de traballo temporal, selección de persoal, outsorcing e formación, entre outros eidos de actividade.

Durante a xornada ofreceron a súa visión particular da profesión que desempeñan e consellos e pautas dos procesos de selección de traballadoras e traballadores, poñendo o foco na importancia do currículo e a entrevista laboral. Falouse detidamente dos procesos de selección, ofertas laborais e pechou o evento unha rolda de preguntas.

Á xornada asistiron os e as alumnas da formación sobre comercio que Ambar esta impartindo

nas súas instalacións, grazas ao financiamento da Fundación ONCE, no programa Uno a Uno do

POISES e o co-financiamento do Fondo Social Europeo.

Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Alicia Romero, responsábel da área administrativa de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; Ángeles Sampedro, técnica de emprego; e Raquel Riveiro, docente da formación. Por este ciclo de conferencias con empresas pasaron xa a multinacional CLECE, Covirán, Grupo TRAGSA, Nosa Arousa, CONGALSA e Nexo Infinity.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.