Iníciase esta primavera en Corrubedo a elaboración do censo de sete especies de aves mariñas

10 Abril 2022

A Consellería de Medio Ambiente vai iniciar esta primavera os traballos para a elaboración do censo poboacional de sete especies de aves mariñas en Galicia. O contrato das tarefas a desenvolver foi adxudicado en tres lotes diferentes por un importe de case 64.000 euros. O obxectivo é ter un coñecemento exhaustivo e pormenorizado sobre as poboacións reprodutoras do corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), a gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), a gaivota patiamarela (Larus michahellis), a gaivota escura (Larus fuscus), o gaivotón (Larus marinus), o arao común (Uria aalge) e a pardela cincenta (Calonectris borealis).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a casa niño Areíña de cores. Casa niño Areíña de cores – Ézaro (Dumbría, 18/02/20.

A empresa adxudicataria disporá de 10 meses “para, entre outros traballos, peitear o litoral de Galicia con vistas a observar exemplares destas especies, así como determinadas áreas concretas de Rede Natura 2000, como a ría de Ortigueira e Ladrido, o complexo intermareal Umia-O Grove, a ría de Foz ou o complexo húmido de Corrubedo”.

Con este tipo de iniciativas dáse cumprimento ao Plan Director da Rede Natura 2000, que fixa obxectivos de conservación específicos dos espazos da área litoral, entre os que se atopan mellorar e completar o inventario das especies de interese comunitario nos espazos protexidos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.