Igrexa e empresariado católico defenden en Santiago unha “economía ao servizo das persoas”

01 Abril 2022

Máis de 180 empresarios acoden ao encontro convocado polo Arcebispado de Santiago. Monseñor Barrio reivindica unha economía máis inclusiva, sostible e resilente.
Formulado con distintas palabras, pero a mensaxe da xente no Encontro de Empresarios Católicos celebrado en Santiago foi a apelación a que a prioridade da economía sexan as persoas. O presidente da Conferencia Episcopal Española, Monseñor Omella, foi o primeiro en abrir camiño, comparando o “traballo e esforzo dos empresarios católicos co dun pastor da Igrexa: trátase de guiar un proxecto polo ben común”, indicou.

El mesmo poñía sobre a mesa os datos demoledores que lanza a desigual repartición da riqueza: en España pasamos en apenas quince anos dunha taxa de exclusión no 16% a máis do 23%, por iso subliñou que os empresarios “son máis necesarios que nunca porque son capaces de xerar postos de traballo con salarios dignos, e se o fan con sensibilidade cristiá poden dar a volta á tendencia dun sistema económico que aparta aos máis necesitados e non lles permite vivir con dignidade”.

O Arcebispo de Santiago Monseñor Julián Barrio no Congreso de empresarios católicos

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.