A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.942 deles 2.350 son da área da Coruña, 1.686 da de Lugo, 1.491 da de Ourense, 1.280 da de Pontevedra, 2.256 da área de Vigo, 1.752 da de Santiago e 1.113 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 471 en unidades de hospitalización e 11.453 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 543.104 persoas curadas, rexistrándose 3.243 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 7 de abril:
Muller de 76 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 86 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 94 anos na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.805.185.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.625.602.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para covid-19
