En Rianxo o Concello limpa a fondo as praias de Tanxil, A Torre, As Cunchas e Quenxo

Co obxectivo de ter acondicionadas as súas principais praias de cara a temporada de primavera, o Concello de Rianxo levou a cabo unha limpeza integral de catro areais, que pasan por ser, tanto nestes meses como no verán, os máis visitados por residentes e turistas. Trátase de Tanxil, A Torre, As Cunchas-O Porrón e Quenxo. O Concello informou de que os operarios proseguirán os traballos de limpeza e acondicionamento ao longo desta semana, abranguendo outras praias do termo municipal.